miércoles, 11 de febrero de 2026
Reunión do Club de Lectura de 3º ESO sobre a lectura de “Identidade”
Hoxe o alumnado do Club de Lectura de 3º da ESO reuniuse coa súa coordinadora durante o recreo para organizar o traballo sobre o libro que acabaran de ler: “Identidade”, de Nee Barros.
Día da Muller e a nena na ciencia
Hoxe, 11 de febreiro, día da muller e a nena na ciencia, o alumnado de 3º da ESO reuniuse a carón dunha selección de libros de ciencia escritos por mulleres para festexar esta data.
martes, 3 de febrero de 2026
Os libros e a visualización nos axudan coa anatomía do aparello respiratorio
Hoxe a profesora de Bioloxía e Xeoloxía de 3º da ESO solicitou ao Equipo de Biblioteca uns libros sobre anatomía do corpo humano, pois trouxera un aparello respiratorio de cordeiro e quería que o seu alumnado relacionara as diferentes partes do aparello nos libros e na vida real:
viernes, 30 de enero de 2026
Presentación da revista Papagaio
Aproveitando a reunión do Club de Lectura de 1º e 2º da ESO sobre “O destino de Kameko” e “A proba de auga”, fixemos a presentación ao noso alumnado destinatario da nosa nova subscrición: a revista Papagaio.
viernes, 23 de enero de 2026
Reparto de “O destino de Kameko” e “A proba de auga
Xa que é venres, a coordinadora do Club de Lectura de 1º e 2º da ESO decidiu que o noso alumnado tivera entre as mans para a fin de semana os vindeiros libros de banda deseñada: “O destino de Kameko” e “A proba de auga”.
martes, 20 de enero de 2026
Visita á Biblioteca Municipal de Vilanova de Arousa
Esta semana o alumnado de 1º ESO achegouse ata a Biblioteca Municipal da vila para coñecer o seu funcionamento. Por iniciativa do departamento de Lingua Galega, os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de conseguir os seus carnés de membros da biblioteca. Animámolos a que fagan bo uso deles!
miércoles, 14 de enero de 2026
"Arrugas" e as enfermidades neurodegenerativas que o nosso alumnado trabalhou en clase
Durante o recreo deste mércores 14 de Xaneiro, o noso alumnado do Club de Lectura de 3º da ESO reuniuse coa súa coordinadora para traballar os personaxes e vivencias de “Arrugas”, de Paco Roca, aproveitando que en clase de Bioloxía xa traballaran as enfermidades neurodexenerativas como o Alzehimer:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)