Biblioteca
lunes, 22 de junio de 2026
Unha segunda parte para o club de lectura de 3ºESO
O pasado mércores 17 de Xuño levouse a cabo a derradeira reunión do club de lectura de 3ºESO deste curso, porén a súa profesora non puido asistir, así que reuniuse con eles a coordinadora dos clubs de lectura. O alumnado de 3º ESO xa lera Be water como lectura do 2º trimestre de Lingua Galega, e como a moitos lles gustara, propuxemos mercar a segunda parte para o club de lectura: Be water II. Terra. A pesar de non ter a mesma acollida que a primeira parte, os nosos booktubers improvisados recomendaron a lectura a todo aquel alumno ao que lle gustara Be water.
Un "albatros negro" no club de lectura de adultos
Tras a lectura de O albatros negro, de María Oruña, os participantes do club de lectura de adultos reuníronse na biblioteca escolar para levar a cabo un coloquio sobre a lectura. A pesar de non todos os participantes puideron vir, e de que non a todos os participantes lles agradou a lectura, a reunión resultou moi produtiva:
O segredo de Pedra Figueira no club de 1º da ESO
O pasado martes 16 de Xuño reuniuse o alumnado de 1º ESO pertencente ao club de lectura para falar da lectura de O segredo de Pedra Figueira. Mirade que concentrados estaban nos seus libros:
Reunión do Club de Lectura de 2ºESO
A penúltima semana de curso, o noso alumnado do Club de Lectura de 2ºESO, xunto coa súa profesora de Lingua Galega, Andrea Álvarez, reuníronse nunha mesa no patio á sonmbra dunha árbore para a posta en común do libro Invisible, de Eloy Moreno. Estaban tan entretidos, que esqueceron facer un foto para o blog...
Los surcos del azar e Maus no Club de Lectura de 4ºESO
O pasado venres 12 de Xuño, o noso alumnado do club de lectura de 4ºESO reuniuse tras ler Maus e Los surcos del azar. Grazas ao su profesor de Xeografía e Historia, Iván Gómez, puideron facer unha posta en común sobre a ficción dos libros e a realidade de dos feitos históricos do século pasado. Mirade que interesante se debeu de poñer a reunión:
martes, 21 de abril de 2026
Libros de anatomía e unha sesada de tenreira
Nada mellor que un encéfalo de tenreira para poder visualizar as partes (cerebro, cerebelo, bulbo e medula espiñal) que os libros de anatomía nos ensinan.
lunes, 20 de abril de 2026
Bibliografía para o SalnesCiencia
Este venres 17 de abril o IES Faro das Lúas participou na 3ª edición de SalnésCiencia, a feira científica e tecnolóxica na que o alumnado de varios centros educativos da nosa comarca amosa ao público os experimentos e proxectos que desenvolve ao longo do curso.
O obxectivo é achegar a ciencia e a tecnoloxía a toda a comunidade dun xeito ameno e divertido.
O Faro contribuíu con dous proxectos. O alumnado de Diversificación de 3º ESO presentou un experimento realizado no Ámbito Científico que simula os efectos nocivos do fume do tabaco ou dos vapeadores nos pulmóns. Por outra banda, o alumnado de Tecnoloxía e Dixitalizaxión de 3° ESO presentou os seus deseños en 3D dos principais exemplos da arquitectura vilanovesa, traballo que forma parte do noso proxecto de Polos Creativos "A Senda das Lúas".
Para documentarse sobre as bebidas enerxéticas e a relación coa nova Lei 6/2025, do 23 de decembro, de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas, o noso alumnado de PDC pescudou na Biblioteca un libro que engadíu na súa bibliografía final: “Un científico en el supermercado”, de Juan Manuel López Nicolás:Aquí podedes mirar o libro entra a exposición de experimentos:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

