Mostrando entradas con la etiqueta xornadas de bibliotecas escolares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xornadas de bibliotecas escolares. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de octubre de 2013

Celebrando o día das bibliotecas escolares


O biblioequipo, para conmemorar esta xornada, preparou unha serie de actividades que imos lembrar:
- A 1ª hora, Amelia repartiu os carnés da Biblioteca a tódolos cursos.
-  10 minutos antes do recreo (tocou o timbre): Todo o alumnado saíu ao Hall de entrada e alí José Antonio explicou:
a) Que estabamos celebrando o Día das bibliotecas, no noso centro
b) Que dende o Equipo da Biblioteca, propoñíamos a actividade "Buscamos aos máis lectores do Faro das Lúas". Os que quixeron participar anotáronse e coller unha Tarxeta na Biblioteca para ir rexistrando as súas lecturas (optativas, non valen as obrigatorias das materias). O gañador ou gañadores irán á excursión de fin de curso do centro.
c) Psentouse o vídeo "Pregón das Bibliotecas", interpretado e montado por un grupo de alumnos de teatro.


- 4ª HORA: Hora de Ler "especial-bibliotecas" (aportóusenos o enlace a unha curtametraxe (15min) colgada na Aula Virtual, as fotocopias dunha lectura relacionada coas Bibliotecas (o discurso de Lorca ao inaugurar a biblioteca do seu pobo) e unhas preguntas para reflexionar e debatir sobre ese discurso, a "lectura", as "bibliotecas", ...)




Os alumnos de 1º A baixaron á Biblio a facer un xogo de probas sobre o uso desta. Esta mesma actividade levaron cabo os alumnos de 1º B a última hora.

miércoles, 24 de octubre de 2012

24 de Outubro: día das bibliotecas escolares

Coma cada ano,  invitámovos a que lle botedes unha ollada ás normas de uso da nosa biblio.

Guia de Usuario 2012

lunes, 2 de noviembre de 2009

Día das bibliotecas escolares



Baixo unha chuvia persistente, reunímonos no Palacio de Congreso de Santiago de Compostela maís de mil profesores/as, responsables de biblioteca e coordinadores para asistir as Xornadas de Bibliotecas Escolares.
Baixo lema “novas lecturas, novos lectores”, ávidos de compartir novas experiencias e con ganas de lanzarnos novos retos escoitamos aos mellores especialistas. Todos cun obxectivo común: convertir a nosas bibliotecas nun recurso educativo imprescindible na nosa labor docente.
As xornadas foron inauguradas polo Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad.
Daniel Cassany abreu o baile das conferencias cun tema interesantísimo "Como axudar a aprender a ler aos nativos dixitais". Logo dunha pausa café, sempre tan fértil en experiencias. Luis Iza Dorronsoro que falóunos do " Plan lector de centro".
O sábado baixo a intensa chuvia que atizaba a capital galega, Guadalupe Jover, profesora de lingua e literatura castelá do IES Infanta Elena de Galapagar (Madrid) tratou o tema "Escola e literatura: A educación do Imaxinario".
Despois do noso tradicional café debutou a mesa de experiencias, xa como na casa, compartimos un agradable momento cunhas compañeiras doutros centros:
o Proxectos lectores en desenvolvemento:
o IES TERRA DE SONEIRA, Vimianzo (A Coruña)
o CEIP STO. PAIO DE ABAIXO, Redondela (Pontevedra)
o Clubs de lectura:
o IES de ALLARIZ, Allariz (Ourense)
o CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE, Rianxo (A Coruña)
o “HORA DE LER”:
o IES RÍO MIÑO, Rábade (Lugo)
o CEIP A PEDRA, Bueu (Pontevedra)

Logo fómonos a xantar con compañeiras doutros centros, un auténtico recorrido por tódolos restaurantes da zona, xa que non tiñamos reservado e ó salir os 1200 docentes que alí nos encontrábamos, non quedou nin unha mesa libre.
A volta asistimos a tan esperada conferencia de Tíscar Lara, unha increíble muller, que nos encantou. Falóunos da alfabetización dixital e uso crítico dos medios de comunicación.

Para rematar estas maratonianas xornadas, Gloria Durban, que coñecemos tan ben polos seus materiais sobre alfabetización informacional deleitóunos con “A biblioteca escolar, un recurso educativo útil: o desenvolvemento de entornos presenciais de aprendizaxe e lectura”.

E para colofón Pilar e Cristina trouxéronnos ao Vilagarciano Carlos blanco, co que botamos unhas risas.

Grazas a Pilar e Cristina, polo seu excelente traballo ao seno da asesoría e pola fabulosa organización.

A sorpresa das xornadas de bibliotecas escolares

Grazas aos compañeiros do Segrel temos un ratiño da intervención do Vilagarciano Carlos Blanco.