martes, 21 de abril de 2026

Libros de anatomía e unha sesada de tenreira

Nada mellor que un encéfalo de tenreira para poder visualizar as partes (cerebro, cerebelo, bulbo e medula espiñal) que os libros de anatomía nos ensinan.

lunes, 20 de abril de 2026

Bibliografía para o SalnesCiencia

Este venres 17 de abril o IES Faro das Lúas participou na 3ª edición de SalnésCiencia, a feira científica e tecnolóxica na que o alumnado de varios centros educativos da nosa comarca amosa ao público os experimentos e proxectos que desenvolve ao longo do curso. O obxectivo é achegar a ciencia e a tecnoloxía a toda a comunidade dun xeito ameno e divertido. O Faro contribuíu con dous proxectos. O alumnado de Diversificación de 3º ESO presentou un experimento realizado no Ámbito Científico que simula os efectos nocivos do fume do tabaco ou dos vapeadores nos pulmóns. Por outra banda, o alumnado de Tecnoloxía e Dixitalizaxión de 3° ESO presentou os seus deseños en 3D dos principais exemplos da arquitectura vilanovesa, traballo que forma parte do noso proxecto de Polos Creativos "A Senda das Lúas". Para documentarse sobre as bebidas enerxéticas e a relación coa nova Lei 6/2025, do 23 de decembro, de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas, o noso alumnado de PDC pescudou na Biblioteca un libro que engadíu na súa bibliografía final: “Un científico en el supermercado”, de Juan Manuel López Nicolás:Aquí podedes mirar o libro entra a exposición de experimentos:

jueves, 16 de abril de 2026

Dos libros aos ósos

Coma noutras ocasión, a nosa profesora de ciencias solicitounos uns libros para que o seu alumnado puidera sinalar nun óso de caña de tenreira o tuétano (medula ósea amarela) e a cartilaxe articular.

miércoles, 25 de marzo de 2026

“La respuesta eres tú y tus billones de habitantes” na Hora de Ler de PDC

“De por qué se sienten mariposas en el estómago cuando te enamoras” é un dos capítulos que limos hoxe na Hora de Ler de 3º PDC do libro “La respuesta eres tú y tus billones de habitantes”

martes, 24 de marzo de 2026

Visita a Radio Arosa – Cadena Ser

O pasado 18 de marzo os rapaces e rapazas do Club de Radio achegáronse ata Vilagarcía de Arousa para visitar os estudos de Radio Arosa, emisora asociada á Cadena Ser. Con motivo da participación no concurso de podcasts Premios José Hermida de Radio Escolar, os integrantes do Club de Radio foron invitados a coñecer a emisora para entender como se fai un programa de radio. Da man de Montse García, subdirectora do Magazine Hoy por Hoy Arosa, recibiron unha pequena masterclass de como ser locutores de radio por un día. Como guinda do pastel, o noso alumnado tivo a oportunidade de participar na gravación en directo do magazine Hoy por Hoy Arosa, entrevistando nada máis e nada menos que ao Xefe de Policía Local de Vilanova de Arousa, Diego Díaz.

miércoles, 11 de marzo de 2026

Hora de Ler: “Como explicar genética con un dragón mutante” en 3ºA

Hoxe a 4ª hora tocaba Hora de Ler e a súa profesora de Bioloxía entrou en clase cun libro que podía resolver as inquedanzas do alumnado de 3ºA da semana pasada sobre a herdanza xenética.

Club de Lectura de Adultos sobre “Mil cosas”

O martes 10 reuníronse os participantes do Club de Lectura de Adultos na Biblioteca do IES para para intercambiar opinións sobre “Mil cosas”, de Juan Tallón.

lunes, 2 de marzo de 2026

Organización das lecturas dramatizadas do Club de Lectura de 3ºESO

O pasado venres o noso alumnado do Club de Lectura de 3º da ESO fixo o reparto de actos para a lectura dramatizada na radio de “Identidade”.

miércoles, 11 de febrero de 2026

Reunión do Club de Lectura de 3º ESO sobre a lectura de “Identidade”

Hoxe o alumnado do Club de Lectura de 3º da ESO reuniuse coa súa coordinadora durante o recreo para organizar o traballo sobre o libro que acabaran de ler: “Identidade”, de Nee Barros.

Día da Muller e a nena na ciencia

Hoxe, 11 de febreiro, día da muller e a nena na ciencia, o alumnado de 3º da ESO reuniuse a carón dunha selección de libros de ciencia escritos por mulleres para festexar esta data.

martes, 3 de febrero de 2026

Os libros e a visualización nos axudan coa anatomía do aparello respiratorio

Hoxe a profesora de Bioloxía e Xeoloxía de 3º da ESO solicitou ao Equipo de Biblioteca uns libros sobre anatomía do corpo humano, pois trouxera un aparello respiratorio de cordeiro e quería que o seu alumnado relacionara as diferentes partes do aparello nos libros e na vida real:

viernes, 30 de enero de 2026

Presentación da revista Papagaio

Aproveitando a reunión do Club de Lectura de 1º e 2º da ESO sobre “O destino de Kameko” e “A proba de auga”, fixemos a presentación ao noso alumnado destinatario da nosa nova subscrición: a revista Papagaio.

viernes, 23 de enero de 2026

Reparto de “O destino de Kameko” e “A proba de auga

Xa que é venres, a coordinadora do Club de Lectura de 1º e 2º da ESO decidiu que o noso alumnado tivera entre as mans para a fin de semana os vindeiros libros de banda deseñada: “O destino de Kameko” e “A proba de auga”.

martes, 20 de enero de 2026

Visita á Biblioteca Municipal de Vilanova de Arousa

Esta semana o alumnado de 1º ESO achegouse ata a Biblioteca Municipal da vila para coñecer o seu funcionamento. Por iniciativa do departamento de Lingua Galega, os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de conseguir os seus carnés de membros da biblioteca. Animámolos a que fagan bo uso deles!

miércoles, 14 de enero de 2026

"Arrugas" e as enfermidades neurodegenerativas que o nosso alumnado trabalhou en clase

Durante o recreo deste mércores 14 de Xaneiro, o noso alumnado do Club de Lectura de 3º da ESO reuniuse coa súa coordinadora para traballar os personaxes e vivencias de “Arrugas”, de Paco Roca, aproveitando que en clase de Bioloxía xa traballaran as enfermidades neurodexenerativas como o Alzehimer:

martes, 13 de enero de 2026

Reunión do Club de Lectura de 4º ESO

Hoxe o noso alumnado do Club de Lectura de 4º da ESO reuniuse na Biblioteca no recreo para comentar os capítulos lidos de “Canciones para Paula” mentres desfrutaban dun suculento biscoito: