miércoles, 25 de marzo de 2026

“La respuesta eres tú y tus billones de habitantes” na Hora de Ler de PDC

“De por qué se sienten mariposas en el estómago cuando te enamoras” é un dos capítulos que limos hoxe na Hora de Ler de 3º PDC do libro “La respuesta eres tú y tus billones de habitantes”

martes, 24 de marzo de 2026

Visita a Radio Arosa – Cadena Ser

O pasado 18 de marzo os rapaces e rapazas do Club de Radio achegáronse ata Vilagarcía de Arousa para visitar os estudos de Radio Arosa, emisora asociada á Cadena Ser. Con motivo da participación no concurso de podcasts Premios José Hermida de Radio Escolar, os integrantes do Club de Radio foron invitados a coñecer a emisora para entender como se fai un programa de radio. Da man de Montse García, subdirectora do Magazine Hoy por Hoy Arosa, recibiron unha pequena masterclass de como ser locutores de radio por un día. Como guinda do pastel, o noso alumnado tivo a oportunidade de participar na gravación en directo do magazine Hoy por Hoy Arosa, entrevistando nada máis e nada menos que ao Xefe de Policía Local de Vilanova de Arousa, Diego Díaz.

miércoles, 11 de marzo de 2026

Hora de Ler: “Como explicar genética con un dragón mutante” en 3ºA

Hoxe a 4ª hora tocaba Hora de Ler e a súa profesora de Bioloxía entrou en clase cun libro que podía resolver as inquedanzas do alumnado de 3ºA da semana pasada sobre a herdanza xenética.

Club de Lectura de Adultos sobre “Mil cosas”

O martes 10 reuníronse os participantes do Club de Lectura de Adultos na Biblioteca do IES para para intercambiar opinións sobre “Mil cosas”, de Juan Tallón.

lunes, 2 de marzo de 2026

Organización das lecturas dramatizadas do Club de Lectura de 3ºESO

O pasado venres o noso alumnado do Club de Lectura de 3º da ESO fixo o reparto de actos para a lectura dramatizada na radio de “Identidade”.