martes, 16 de diciembre de 2025

Sesión de contacontos do alumnado de Oratoria:

O alumnado de Oratoria de 3º ESO do IES Faro das Lúas desprazouse este martes aos centros adscritos —CEIP Sestelo-Baión, CEIP Plurilingüe San Bartolomé e CEIP San Roque— para compartir historias e aventuras cos nenos e nenas de infantil. Unha experiencia para practicar a expresión oral, fomentar a creatividade, transmitir a paixón pola lectura e crear vínculos cos coles da contorna. Mirade ao noso alumnado cos libros que leron: “Coelliño branco” e “A mosca chosca”.

martes, 9 de diciembre de 2025

Hora de Ler en 3ºB

Hoxe a nosa profesora de Bioloxía e Xeoloxía aproveitou a Hora de Ler para presentar ao seu alumnado una selección de libros de ciencia, e mesmo pudieron ler algún fragmento destes libros informativos. Mirade que interesante:

jueves, 4 de diciembre de 2025

Reparto do libro "Arrugas"

Hoxe durante o seu tempo de lecer, aproveitamos para reunir ao alumnado do Club de Lectura de 3ºESO para repartir o libro “Arrugas”, de Paco Roca.

martes, 2 de diciembre de 2025

María Tifoidea na Hora de Ler

En PDC traballamos o caso de María Tifoidea no capítulo 4, “Un invitado especial en Nueva York” do libro “El paciente cero”, de Marilee Peters.