Mostrando entradas con la etiqueta Dia da paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dia da paz. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de enero de 2019

1000 grúas para a PAZ

Para conmemorar o Día da Paz propuxemos o reto das mil grúas.
A técnica de armar figuras de papel é unha tradición xaponesa milenaria e denomínase "origami".
Puxémonos mans á obra e logramos as 1000 grúas de origami para honrar a memoria de Sadako e enfatizar así o noso labor como continuadores desta marabillosa tradición.





Unha antiga lenda xaponesa promete que calquera que faga mil grúas de papel recibirá un desexo de parte dunha grúa, tal como unha vida longa ou a recuperación dunha enfermidade.
As mil grúas de origami  convertéronse en símbolo de paz en Xapón, debido á historia de Sadako Sasaki (1943-1955), unha nena xaponesa que desexou curar da súa enfermidade producida pola radiación da bomba atómica (leucemia) construíndo mil figuras.

O conto da escritora arxentina Elsa Bornemann, "Mil grullas", trata do mesmo tema: Naomi Watanabe e Toshiro Ueda son dúas adolescentes de Hiroshima e atópanse visitando os seus avós na aldea de Miyashima cando cae a bomba. Localízase a Naomi nun hospital tratando de facer figuras. Toshiro completa as mil e  entrégallas á rapaza, mais ela morre ao día siguinte. Trinta e un anos despois, Toshiro fai 42, casa, ten tres fillos e é xerente dunha sucursal dun banco en Londres. Serio e pouco comunicativo, máis a pesar de todo sempre se pode atopar un par de grúas de origami sobre o seu escritorio. Cumprindo así o desexo de Naomi de que nunca a esquecera.

lunes, 31 de enero de 2011

30 de Xaneiro, falemos de paz

Paz, Paix...


La palabra paz en 83 idiomas from symbiait on Vimeo.


Moi especial esta Imagine de Noa, israelí e de Khaled





Visitannos os Nobels dende o Ies de Curtis


Biblioiris propón esta conxugación de imaxe e palabra


Dende Bergantiños, alguns recursos



O Ies de San Paio ofrécenos unha escolma de texto:


Recursos para o día da Paz, dende o Recanto de Mik



Dende de Mos musiquiña par a Paz




Dende biblioafonso esta estupenda compilación de temas musicales sobre la paz







 



Recompilación de recursos para a Paz elaborada polo Equipo de biblioteca do C.E.I.P. VÍCTOR SAENZ (Mazaricos)

lunes, 1 de febrero de 2010

Os nosos alumnos recitan a Paz.

Alba de 1ºB le Primero cogieron... de Martin Niemöller



Alba de 2ºA le El fusilado de Jacques Prévert


Diego de 2º B le a Rafael Alberti


Cristina Abal de 3ºA le a Verónica Chuliá



Anxo de 3ºB le Toda acción bélica es injusta de Víctor Corcoba Herrero


Javier de 4ºA le Si de Rudyard Kipling


Pili 4ºA le Hoy he dado mi firma para la Paz de Efraín Huerta.



Andrea Cores 4ºB le La muralla de Nicolás Guillén

jueves, 21 de enero de 2010

El valor de una firma



Dende a Illa de Arousa recoméndasenos este fermoso vídeo.

Música pola paz



Escolma elaborada polas Bibliotecas Escolares Galegas con motivo do Día da Paz 2010.

lunes, 18 de enero de 2010

30 de Xaneiro



por: http://orientacionandujar.wordpress.com/2009/01/25/dia-de-la-paz-presentaciones-2/presentacion-dia-de-la-paz-2009-6/

O himno á Alegría

Dende o CEIP de Frian de Teis teñen realizado un traballo moi interesante sobre o Himno á Alegría, que compartimos con vós:


Algúns de vós tendes comentado: "Miña nai ten este disco na casa"; "Miña nai di que esta canción é de Waldo dos Ríos"; "Miña avoa ten esta música no piano e é a súa favorita".

Seguramente, a peza que ten túa nai está interpretada por Miguel Ríos (hai máis de trinta anos), quen fixo moi popular esta peza.

Os arranxos e o texto eran de Waldo dos Ríos, pero... Waldo dos Ríos non foi o compositor da música!

Escoita a versión de Miguel Ríos e Waldo dos Ríos e fíxate na roupa e na decoración... ata a televisión era en branco e negro!



Parece que a versión de Waldo dos Ríos e Miguel Ríos foi un éxito.

E, así, foi posible ver a Miguel Ríos cantando en inglés en distintos lugares do mundo, o tema Ode of Joy.(Habería que lle preguntar á profe de Inglés que tal estaba de pronunciación).


O tema de Miguel Ríos tivo moito éxito. Co paso dos anos e das décadas, chegou á Televisión Española un programa que pretendía descubrir novos cantantes.

Tratábase dunha academia onde os candidatos aprendían técnica vocal e demostraban os seus progresos interpretando coñecidos temas. Lembrades...?

Rosa López, de Operación Triunfo, fixo tamén a súa propia versión do Himno á Alegría:


Algo debe ter esta música, porque, na Internet, atopamos versións ben curiosas; como esta, feita con vasos de cristal:



Ou esta, interpretada cun instrumento de corda percutida chamado dulcimer:



Tamén atopamos unha interpretada con strumstick, un instrumento de tres cordas ideado por Bob McNally:



Incluso atopamos unha versión country, interpretada con banjo:



e outra rock:



Pero... alguén importante debeu compoñer esta melodía, para que teña tanta transcendencia ó longo do tempo e do espazo!

Douvos pistas:

Un dos máis grandes músicos da Historia, contemporáneo da Guerra da Independencia Española, admirador de Napoleón e defraudado con el cando comprobou os estragos que os seus exércitos estaban a facer en toda Europa... Vaivos soando...?

Efectivamente: O Himno á Alegría foi composto por Beethoven, sobre un poema (en alemán) de Schiller no que se ensalzaba a liberdade.

Atoparalo se escoitas a Novena Sinfonía (se o fas, tes que ter paciencia, porque é un pouco longa).




As sinfonías eran pezas instrumentais para orquestra. Pero, na Novena Sinfonía, Beethoven introduce, para cantar a Oda á Ledicia, un coro de grandes dimensións.

Por iso, a Novena Sinfonía é chamada tamén Sinfonía Coral.






O estreo da Novena Sinfonía foi un rotundo éxito. O propio Beethoven, que xa estaba totalmente xordo, dirixiu a orquestra;ó rematar o Himno á Alegría, o público rompeu en aprausos. Os músicos da orquestra tiveron que avisar a Beethoven, que non se decataba, ao estar de costas.

O espírito de liberdade que transmite o Himno á Alegría é tan siñificativo, que a Unión Europea teno elixido como Himno.

Para rematar, se aínda non o sabes, podes cantar a xeito de karaoke sobre esta versión. Paz e Música!


Cantemos a PAZ.































Viaxe ó Guernica. Viaxe en 3D

Pola Paz.

Vídeos para vivir en Paz









Os vídeos de Intermon Oxfam











A palabra Paz en 83 linguas.

La palabra paz en 83 idiomas from symbiait on Vimeo.

Uns vídeos para a Paz.



20 Frases para a Paz

30 de xaneiro: Día da paz: Cancións para este día