Mostrando entradas con la etiqueta reseña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reseña. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de mayo de 2019

Reseña: Caperucita en Manhattan

Caperucita en Manhattan


Carmen Martín Gaite.


Editorial Siruela.


Comecei a ler esta novela porque era o libro obrigatorio de castelán, mais nunca pensei que me ía gustar tanto, xa que por riba era ‘antigo’, do ano 1990. Non obstante, acabou encantándome.


O que máis me agradou foi a propia intención da historia. Nela a nena protagonista, moi semellante a Carapuchiña Vermella, buscaba a liberdade e unha vida fóra do normal. Algunhas partes da historia transmiten unha mensaxe  feminista e parece que intenta ‘educar’ nestes aspectos ao público ao que vai dirixido: á xuventude.


Quizais influíu no feito de que me encantara a insistencia por parte dos nosos maiores en que aprendamos a respectarnos sen ter en conta a diferenza  de xénero, raza, etc, deixándonos claro que todos temos dereito a ser libres. O libro céntrase nisto. O resultado é unha historia fantástica que lles recomendaría aos meus amigos e a todos os lectores.


Comentario de Ainara Villanueva Núñez

jueves, 14 de marzo de 2019

Reseña: HUSH HUSH



HUSH HUSH

  • A autora é Becca Fitzpatrick.
  • Foi publicado no ano 2009.
  • Trátase do primeiro volume dunha saga composta por varios libros máis.
  • A editorial é Ediciones B.
  • Este libro foi exitoso, xa que lle gustou ao 97% das persoas que o leron.
  • A partir del vaise rodar unha película que será estreada probablemente no ano 2020.
  • Xéneros: Literatura xuvenil, literatura fantástica, novela rosa.

    Esta historia trata dunha rapaza chamada Nora que vive coa súa nai nunha granxa, afastada dos seus veciños. Todo era normal na súa vida ata que coñeceu a Pach, un rapaz moi peculiar. Ó longo da historia, Nora non sabe en quen confiar e pasarán cousas emocionantes. A protagonista empezará a ter interese por este rapaz e intentará coñecelo mellor.

    Esta novela encantoume, xa que me transmitiu intriga, emoción, sorpresa... Ademais, fíxome rir pola forma na cal Pach fala con Nora e enganchábame a lectura.
    Gustáronme as características que a autora lle deu a cada personaxe. Os meus favoritos son Nora e Pach.
    Eu recomendaríallo a todos. É un dos meus libros favoritos. Gustoume a un 100%.



















Nahir Torrado Gil, 2ºB

jueves, 14 de febrero de 2019

RESEÑA: CONTOS POR PALABRAS

RESEÑA LITERARIA:  CONTOS POR PALABRAS

  • Título: Contos por palabras
  • Autor: Agustín Fernández Paz
  • Editorial: Xerais
  • Colección: Merlín
  • Gañou o premio Lazarillo 1990.
  • Estivo na lista de honra do Ibby (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) entre 1990 e1992.

Neste libro cóntanse moitas historias: cada capítulo é unha historia distinta. Unha delas fala do mago Mefisto, outra vai dun home araña que limpa cristais, noutra aparece un vampiro..., e así todos os capítulos.

A min gustoume bastante o libro porque vai contando historias distintas. Non lle cambiaría nada, gústame tal e como está.






Daniel Vázquez Durán (2ºB)

miércoles, 23 de enero de 2019

Reseña: la Forma del agua


La forma del agua

TÍTULO: La forma del agua
AUTORES: Guillermo del Toro e Daniel Kraus
EDITORIAL: Umbriel
PELÍCULA: Estreada con anterioridade ó libro. Aquí tedes un enlace ó trailer: https://www.youtube.com/watch?v=gfVe2puMBs0



Cando vin este libro, quíxeno ter e, cando o conseguín, non o podía crer.

Empecei a lelo e engancheime.
É unha mestura de fantasía e romanticismo.

Trata sobre un centro de investigación que consegue unha especie de home peixe ó cal, por ser único, queren disecar. Elisa, unha muller xove e xordomuda, deféndeo e non permite que lle fagan iso. Xuntos viven unha tenra historia de amor.

Este libro é moi bo, a min encantoume. Recoméndoo a todos os meus compañeiros e compañeiras.

                     Laura Cores López, 2ºB  

jueves, 13 de diciembre de 2018

Reseña: Edison el mago de los inventos

Edison el mago de los inventos


Comentario de Salvador Forchinito Casas


Edison el mago de los inventos
Gorka Calzada
elrompecabezas

Cando empecei a ler este libro pareceume moi aburrido pero a verdade é que esta biografía sobre Edison é  boa e entretén bastante. Ademais lese bastante rápido porque é curto.

Eu recomendaríavos lelo xa que é moi interesante e podedes pasar unhas horas moi agradables con el.

jueves, 29 de noviembre de 2018

Reseña: A avoa gángster

A avoa gánster

Comentario de Sofía Chaves Varela

A avoa gánster
David Walliams
Sushi books


Cando empecei a ler este libro
non estaba moi convencida de que me fose gustar, pero agora estou entre o 95% de persoas ás que lles gusta.
Trata sobre un rapaz ao que non lle  apetecía nunca ir á casa da súa avoa porque era moi aburrida, pero un día todo cambiou.
Ao final encantoume como o autor  narraba os feitos e sobre todo como conseguiu manter a intriga ata o último instante.

miércoles, 10 de octubre de 2018

Reseña: A BALADA DOS UNICORNIOS

A BALADA DOS UNICORNIOS

AUTORA: LEDICIA COSTAS                                                                                                              
EDITORIAL: XERAIS                                                                                                             


A historia trata dunha rapaza que ten por nome Ágata
que emprende unha viaxe moi difícil  e a contrarreloxo
para salvar ao seu amigo León. A tía dela secuestrárao          
para absorberlle a súa maxia.

O libro gustoume moito en xeral pero hai catro personaxes
que merecen unha especial mención xa que a min me
marcaron  moito. Un deles é a propia Ágata, unha nena
soñadora, imaxinativa, loitadora... En resumo unha nena
digna de admirar.
Outro dos que máis me gustou foi a raíña Wendy porque
ela demóstranos que aínda que pensemos que estamos
sós nunha loita sempre vai a haber alguén velando por nós. Tamén me encantou o avó de Ágata polo moito que se sacrificou pola súa neta. Pola contra, un personaxe que non me gustou pero que merece ser mencionado é o de Cornelia, a avoa de Ágata. É un personaxe egoísta e  rancoroso, capaz de arrincarlle os ollos á súa neta sendo un bebé.

Recomendaríalle este libro a todo o mundo porque é moi imaxinativo e divertido, cheo  de escenas marabillosas.


RESEÑA FEITA POR: LAURA CORES VIÑAS 1º A