lunes, 22 de junio de 2026

Unha segunda parte para o club de lectura de 3ºESO

O pasado mércores 17 de Xuño levouse a cabo a derradeira reunión do club de lectura de 3ºESO deste curso, porén a súa profesora non puido asistir, así que reuniuse con eles a coordinadora dos clubs de lectura. O alumnado de 3º ESO xa lera Be water como lectura do 2º trimestre de Lingua Galega, e como a moitos lles gustara, propuxemos mercar a segunda parte para o club de lectura: Be water II. Terra. A pesar de non ter a mesma acollida que a primeira parte, os nosos booktubers improvisados recomendaron a lectura a todo aquel alumno ao que lle gustara Be water.

Un "albatros negro" no club de lectura de adultos

Tras a lectura de O albatros negro, de María Oruña, os participantes do club de lectura de adultos reuníronse na biblioteca escolar para levar a cabo un coloquio sobre a lectura. A pesar de non todos os participantes puideron vir, e de que non a todos os participantes lles agradou a lectura, a reunión resultou moi produtiva:

O segredo de Pedra Figueira no club de 1º da ESO

O pasado martes 16 de Xuño reuniuse o alumnado de 1º ESO pertencente ao club de lectura para falar da lectura de O segredo de Pedra Figueira. Mirade que concentrados estaban nos seus libros:

Reunión do Club de Lectura de 2ºESO

A penúltima semana de curso, o noso alumnado do Club de Lectura de 2ºESO, xunto coa súa profesora de Lingua Galega, Andrea Álvarez, reuníronse nunha mesa no patio á sonmbra dunha árbore para a posta en común do libro Invisible, de Eloy Moreno. Estaban tan entretidos, que esqueceron facer un foto para o blog...

Los surcos del azar e Maus no Club de Lectura de 4ºESO

O pasado venres 12 de Xuño, o noso alumnado do club de lectura de 4ºESO reuniuse tras ler Maus e Los surcos del azar. Grazas ao su profesor de Xeografía e Historia, Iván Gómez, puideron facer unha posta en común sobre a ficción dos libros e a realidade de dos feitos históricos do século pasado. Mirade que interesante se debeu de poñer a reunión: