viernes, 28 de noviembre de 2025
Selección de lecturas do 25N para EVCE
A nosa profesora de Educación en Valores Cívicos e Éticos solicitounos uns libros para traballar na aula o 25N, porén por cuestións de enfermidade, esta actividade non se puido levar a cabo.
lunes, 24 de noviembre de 2025
Exposición de libros do 25N
Grazas ao noso Equipo de Biblioteca o noso alumnado puido desfrutar dunha exposición de libros relacionados coa temática:
martes, 11 de noviembre de 2025
Día da Ciencia en Galego adicado a Fernando Calvet Prats (bioquímico)
Grazas á colaboración dunha das nosas profesoras de ciencias, o noso alumnado do Club de Lectura de 1º e 2º da ESO puido desfrutar dunhas lecturas de ciencias. Mirade que ben o pasaron:
lunes, 10 de noviembre de 2025
Club de Xadrez
O Club de xadrez comeza a súa andadura neste curso. A aula de Tecnoloxía é o
lugar de encontro no que xogadores e xogadoras poñen en práctica aperturas,
estratexias e xogadas.
https://www.canva.com/design/DAG4VbJAWJc/3ouiHpzuEIMwjZJV010Azg/watch
miércoles, 5 de noviembre de 2025
martes, 4 de noviembre de 2025
Visita de Tamara Andrés
Visita de Tamara Andrés: obradoiro de traducción para adxuntar ao traballo dos rapaces de traducción dos libros de infantil para ler nos colexios.
O alumnado de 1º ESO participou nun obradoiro de tradución coa escritora e tradutora Tamara Andrés no marco dun proxecto de aula da materia de Lingua galega e Literatura, centrado no proceso de tradución ao galego de diferentes álbums ilustrados para público infantil.
Tamara partiu da súa propia experiencia profesional para falarnos do labor do tradutor literario e das decisións interesantísimas que este debe tomar en función das características particulares de cada un dos textos que as editoriais lle encargan verter a unha lingua distinta da orixinal.
Foron dúas sesións de parola xenerosa durante as que a rapazada tivo ocasión de explorar por si mesma o traballo da nosa convidada, pois Tamara tróuxonos algúns dos libros para crianzas que ela traduciu nos últimos anos e partillou connosco os detalles prácticos dos distintos procesos.
Que mellor maneira de botar a andar as traducións que nós mesmas temos entre mans!
https://www.canva.com/design/DAG32ab5-qg/RHSYr79XAzFAa1TCubENww/watch
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfarodasluas/node/1386
Suscribirse a:
Entradas (Atom)