martes, 4 de noviembre de 2025
Visita de Tamara Andrés
Visita de Tamara Andrés: obradoiro de traducción para adxuntar ao traballo dos rapaces de traducción dos libros de infantil para ler nos colexios.
O alumnado de 1º ESO participou nun obradoiro de tradución coa escritora e tradutora Tamara Andrés no marco dun proxecto de aula da materia de Lingua galega e Literatura, centrado no proceso de tradución ao galego de diferentes álbums ilustrados para público infantil.
Tamara partiu da súa propia experiencia profesional para falarnos do labor do tradutor literario e das decisións interesantísimas que este debe tomar en función das características particulares de cada un dos textos que as editoriais lle encargan verter a unha lingua distinta da orixinal.
Foron dúas sesións de parola xenerosa durante as que a rapazada tivo ocasión de explorar por si mesma o traballo da nosa convidada, pois Tamara tróuxonos algúns dos libros para crianzas que ela traduciu nos últimos anos e partillou connosco os detalles prácticos dos distintos procesos.
Que mellor maneira de botar a andar as traducións que nós mesmas temos entre mans!
https://www.canva.com/design/DAG32ab5-qg/RHSYr79XAzFAa1TCubENww/watch
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfarodasluas/node/1386
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario