martes, 16 de diciembre de 2025

Sesión de contacontos do alumnado de Oratoria:

O alumnado de Oratoria de 3º ESO do IES Faro das Lúas desprazouse este martes aos centros adscritos —CEIP Sestelo-Baión, CEIP Plurilingüe San Bartolomé e CEIP San Roque— para compartir historias e aventuras cos nenos e nenas de infantil. Unha experiencia para practicar a expresión oral, fomentar a creatividade, transmitir a paixón pola lectura e crear vínculos cos coles da contorna. Mirade ao noso alumnado cos libros que leron: “Coelliño branco” e “A mosca chosca”.

No hay comentarios: