martes, 7 de noviembre de 2023

Club de Radio no IES Faro das Lúas

Xa temos Club de radio! A idea partíu de Aroa, Mateo e Rita, e deseguido se lles uniron Antía, Iria, Adriana, Alejandro e Manuel. A idea é gravar e publicar un podcast semanal no que falarán dos temas que lles interesan, e mesmo pensan facer algunha que outra entrevista. Moitos parabéns a estes mozos e mozas por ser tan activos e emprendedores!

lunes, 6 de noviembre de 2023

1ª Reunión do Club de Lectura de 3º da ESO con Ana Cruz

 A primeira das xuntanzas do club de lectura de 3º da ESO coa súa coordinadora Ana Cruz non puido ser máis especial!

A coordinadora levou ao seu grupo ata a librería local Nobel Vilanova para que eles e elas escolleran por consenso, e atendendo ás recomendacións das libreiras, cal sería a lectura coa que empezarían a súa andaina neste curso 23/24. 

Finalmente, a escollida foi "Nací para esto" de Alice Oseman, unha autora moi querida e lida entre o noso alumnado por ser a creadora do éxito "Heartstopper".

Na ligazón de abaixo podedes ver un vídeo resumo desta interesantísima actividade: 

Visita do club de lectura de 3º á Librería Nobel

viernes, 3 de noviembre de 2023

Gañadores do Concurso de Cabazas de Samaín

E os gañadores son...: 1º Premio: Mateo Filippini (5 puntos Faroviaxa) 2º Premio: Uxía Maquieira (3 puntos Faroviaxa) 3º Premio: Antía Maneiro (2 puntos Faroviaxa) Parabéns aos premiados e grazas a todos os participantes!

Samaín 2023

Este ano o Samaín no Faro das Lúas contou con moitas actividades: obradoiron de decoración, tunel do terror, photocall, obradoiro de texturas terroríficas, concurso de cabazas... Aquí vos deixamos unha mostra das actividades e do ben que o pasamos:

lunes, 30 de octubre de 2023

1ª Reunión do Club de Lectura de 2º da ESO con Raquel

 A primeira reunión do club de 2º da ESO coa súa coordinadora Raquel foi un tanto diferente. 

Con este grupo, ademais de realizar as pertinentes xuntanzas lectoras acordouse colaborar co Equipo de Dinamización Lingüística do centro para realizar un apadriñamento lector coa veciña Escola de Aralde.


 

A primeira fase deste fermoso proxecto intercentros pasou porque o alumnado deste club enviase cartas describíndose e explicando cales son os seus gustos e afeccións. 



Os pequenos e pequenas da escola responderon a estas cartas cunhas postais preciosas onde escollían madriña ou padriño e realizábanlles uns debuxos imaxinando como poderían ser fisicamente. 

Ademais, aproveitouse para repartir a primeira lectura do curso, o cómic "Sonríe" de Raina Telgemeier


Quedamos en vernos nunhas semanas para falar da lectura e preparar o primeiro encontro cos seus afillados e afilladas dentro do proxecto intercentros!


jueves, 26 de octubre de 2023

Exposición da selección de libros para Samaín

Desde o Equipo de Biblioteca realizamos unha selección de libros de terror para acompañar os festexos de Samaín:

lunes, 23 de octubre de 2023

1ª Reunión do Club de Lectura de 1º da ESO con Lidia

 O alumnado do Club de Lectura de 1º da ESO reuniuse coa súa coordinadora Lidia para recoller a súa primeira lectura do curso.




O primeiro título que lerán é o cómic "A proba de auga" de Anémona do Río, que o ano pasado tivera unha acollida estupenda.


Ademais, Lidia pasoulles unha batería de preguntas para poder coñecer máis os seus gustos lectores e atinar coas vindeiras recomendacións. 



Quedaron en verse nunhas semanas coa lectura feita para poder falar de todo o que lles pareceu!