martes, 30 de abril de 2019

Manuel Gago

"Como Roma chegou a Gallaecia: A descuberta dunha guerra oculta". Baixo este título presentou Manuel Gago a súa charla ao alumnado de 4º ESO. Resultou verdadeiramente interesante e axudoulles non só a ver a historia como unha ciencia en continuo cambio e avance, senón tamén a recoñecer a influencia do pasado nos nosos costumes, toponimia, tradicións e como  unha herdanza a respectar.


viernes, 29 de marzo de 2019

Manuel Núñez Singala

O escritor Núñez Singala veu visitarnos no mes de marzo para compartir co alumnado de terceiro interesantes datos sobre o naufraxio do Santa Isabel. Esta presentación aportoulles unha nova perspectiva sobre o libro Noite de Temporal, co que eles estiveran traballando no segundo trimestre.

jueves, 21 de marzo de 2019

Día da poesía: 21 de marzo

Quen se anima a recitar?  Esa foi a proposta do Departamento de Lingua Galega para celebrar o día da poesía na biblioteca. Un grupiño de alumnos/as animouse a recitar diante dos compañeiros no recreo. Pero non quedou aí a cousa, senón que logo algún deles presentouse ao concurso de recitado “Rosalía sempre viva” en Lugo.





  


jueves, 14 de marzo de 2019

Reseña: HUSH HUSH



HUSH HUSH

  • A autora é Becca Fitzpatrick.
  • Foi publicado no ano 2009.
  • Trátase do primeiro volume dunha saga composta por varios libros máis.
  • A editorial é Ediciones B.
  • Este libro foi exitoso, xa que lle gustou ao 97% das persoas que o leron.
  • A partir del vaise rodar unha película que será estreada probablemente no ano 2020.
  • Xéneros: Literatura xuvenil, literatura fantástica, novela rosa.

    Esta historia trata dunha rapaza chamada Nora que vive coa súa nai nunha granxa, afastada dos seus veciños. Todo era normal na súa vida ata que coñeceu a Pach, un rapaz moi peculiar. Ó longo da historia, Nora non sabe en quen confiar e pasarán cousas emocionantes. A protagonista empezará a ter interese por este rapaz e intentará coñecelo mellor.

    Esta novela encantoume, xa que me transmitiu intriga, emoción, sorpresa... Ademais, fíxome rir pola forma na cal Pach fala con Nora e enganchábame a lectura.
    Gustáronme as características que a autora lle deu a cada personaxe. Os meus favoritos son Nora e Pach.
    Eu recomendaríallo a todos. É un dos meus libros favoritos. Gustoume a un 100%.



















Nahir Torrado Gil, 2ºB

viernes, 8 de marzo de 2019

8 de marzo: Día da muller




Varias iniciativas confluíron para facer fincapé na importancia deste día:
  • O Departamento de Tecnoloxía levou a cabo unha actividade cos colexios da zona. Os maiores elaboraron presentacións e vídeos con datos moi interesantes sobre a situación laboral das mulleres e visitaron os colexios para expoñela e compartila cos máis novos e estes últimos aportaron as súas ilustracións.











  • Elaboráronse diferentes murais nos que se pretendía non só amosar figuras femininas que destacaron ó longo da historia nos eidos considerados tradicionalmente masculinos, senón tamén animar ás rapazas a loitar para conseguir as súas aspiracións:
    - 2ºA: "Mulleres científicas"
    - 4ª: "Las Sin Sombrero"
    - Equipo de alumnos/as de biblioteca: "Se elas puideron, ti tamén"


jueves, 7 de marzo de 2019

Entroido nas aulas

Ante a boa acollida da proposta no curso anterior, de novo decidimos celebrar o entroido disfrazando as aulas. Cada grupo tiña que escoller unha temática e recreala da forma máis orixinal e creativa posible. E vaia se saíron propostas creativas! Queredes saber cales? Bótade unha ollada ao seguinte vídeo.



miércoles, 27 de febrero de 2019

Regueifando


O martes 19 de febreiro o alumnado de 2º ESO asistiu na biblioteca á primeira sesión dos obradoiros didácticos ofrecidos pola Asociación Oral de Galiza e impartida polo coñecido regueifeiro Pinto de Herbón. Foi unha hora e media intensa pero moi produtiva. Despois dun divertido achegamento teórico-práctico ó que son as regueifas, o alumnado púxose mans á obra e compuxo as súas propias creacións con axilidade e moita habilidade. Desta sesión saíu unha selección de dezaseis rapaces e rapazas que participaron o 28 de febreiro na segunda quenda. Xa non se trataba só de escribilas, tamén había que cantalas. Ó principio custou un pouquiño pero unha vez vencida a timidez inicial todo foi sobre rodas.