miércoles, 27 de febrero de 2019
Regueifando
jueves, 14 de febrero de 2019
RESEÑA: CONTOS POR PALABRAS
RESEÑA LITERARIA: CONTOS POR PALABRAS
- Título: Contos por palabras
- Autor: Agustín Fernández Paz
- Editorial: Xerais
- Colección: Merlín
- Gañou o premio Lazarillo 1990.
- Estivo na lista de honra do Ibby (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) entre 1990 e1992.
Neste libro cóntanse moitas historias: cada capítulo é unha historia distinta. Unha delas fala do mago Mefisto, outra vai dun home araña que limpa cristais, noutra aparece un vampiro..., e así todos os capítulos.
A min gustoume bastante o libro porque vai contando historias distintas. Non lle cambiaría nada, gústame tal e como está.
Daniel Vázquez Durán (2ºB)
miércoles, 30 de enero de 2019
1000 grúas para a PAZ
Para conmemorar o Día da Paz propuxemos o reto das mil grúas.
A técnica de armar figuras de papel é unha tradición xaponesa milenaria e denomínase "origami".
A técnica de armar figuras de papel é unha tradición xaponesa milenaria e denomínase "origami".
Puxémonos mans á obra e logramos as 1000 grúas de origami para honrar a memoria de Sadako e enfatizar así o noso labor como continuadores desta marabillosa tradición.
Unha antiga lenda xaponesa promete que calquera que faga mil grúas de papel recibirá un desexo de parte dunha grúa, tal como unha vida longa ou a recuperación dunha enfermidade.
As mil grúas de origami convertéronse en símbolo de paz en Xapón, debido á historia de Sadako Sasaki (1943-1955), unha nena xaponesa que desexou curar da súa enfermidade producida pola radiación da bomba atómica (leucemia) construíndo mil figuras.
O conto da escritora arxentina Elsa Bornemann, "Mil grullas", trata do mesmo tema: Naomi Watanabe e Toshiro Ueda son dúas adolescentes de Hiroshima e atópanse visitando os seus avós na aldea de Miyashima cando cae a bomba. Localízase a Naomi nun hospital tratando de facer figuras. Toshiro completa as mil e entrégallas á rapaza, mais ela morre ao día siguinte. Trinta e un anos despois, Toshiro fai 42, casa, ten tres fillos e é xerente dunha sucursal dun banco en Londres. Serio e pouco comunicativo, máis a pesar de todo sempre se pode atopar un par de grúas de origami sobre o seu escritorio. Cumprindo así o desexo de Naomi de que nunca a esquecera.
viernes, 25 de enero de 2019
Lecturas na biblioteca.
Cinco alumnos/as do IES foron os protagonistas. Os seus relatos curtos resultaron finalistas no certame da FANPA e saíron publicados. Non puidemos deixar pasar a oportunidade de amosarlles o orgullosos que nos sentiamos. Na biblioteca non só leron os relatos, tamén nos fixeron partícipes da súa experiencia e falaron sobre os seus sentimentos e inspiracións á hora de escribir e crear. Resultou unha experiencia do máis enriquecedora.
miércoles, 23 de enero de 2019
Reseña: la Forma del agua
La forma del agua
TÍTULO: La forma del agua
AUTORES: Guillermo del Toro e Daniel Kraus
EDITORIAL: Umbriel
PELÍCULA: Estreada con anterioridade ó libro. Aquí tedes un enlace ó trailer: https://www.youtube.com/watch?v=gfVe2puMBs0
Cando vin este libro, quíxeno ter e, cando o conseguín, non o podía crer.
Empecei a lelo e engancheime.
É unha mestura de fantasía e romanticismo.
Trata sobre un centro de investigación que consegue unha especie de home peixe ó cal, por ser único, queren disecar. Elisa, unha muller xove e xordomuda, deféndeo e non permite que lle fagan iso. Xuntos viven unha tenra historia de amor.
Este libro é moi bo, a min encantoume. Recoméndoo a todos os meus compañeiros e compañeiras.
Laura Cores López, 2ºB
viernes, 14 de diciembre de 2018
jueves, 13 de diciembre de 2018
Reseña: Edison el mago de los inventos
Edison el mago de los inventos
Comentario de Salvador Forchinito Casas
Edison el mago de los inventos
Gorka Calzada
elrompecabezas
Cando empecei a ler este libro pareceume moi aburrido pero a verdade é que esta biografía sobre Edison é boa e entretén bastante. Ademais lese bastante rápido porque é curto.
Eu recomendaríavos lelo xa que é moi interesante e podedes pasar unhas horas moi agradables con el.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









