jueves, 29 de noviembre de 2018

Reseña: A avoa gángster

A avoa gánster

Comentario de Sofía Chaves Varela

A avoa gánster
David Walliams
Sushi books


Cando empecei a ler este libro
non estaba moi convencida de que me fose gustar, pero agora estou entre o 95% de persoas ás que lles gusta.
Trata sobre un rapaz ao que non lle  apetecía nunca ir á casa da súa avoa porque era moi aburrida, pero un día todo cambiou.
Ao final encantoume como o autor  narraba os feitos e sobre todo como conseguiu manter a intriga ata o último instante.

viernes, 23 de noviembre de 2018

25 de novembro - Non máis violencia de xénero.


O equipo de biblioteca e o alumnado de Investigación e tratamento da información prepararon un póster con interesantes reflexións acerca da violencia de xénero. Colaboraron tamén os grupos  de 2ºB e 4ºA.

Exposición de libros sobre violencia de xénero.


Un grupo de rapaces de 3º fixeron este vídeo denuncia recreando a letra dunha coñecida canción.



miércoles, 31 de octubre de 2018

Concurso de relatos de terror

Quen anda aí? Baixo este lema os alumnos/as do IES participaron no concurso de relatos de terror de Samaín. Os gañadores, ademais dos puntos para a viaxe, puideron ler os seus terroríficos relatos nas aulas durante a “Hora de ler”






domingo, 28 de octubre de 2018

Zona Maker

E aquí temos un novo recuncho para desenvolver a nosa creatividade: "Zona Maker". Se vos gusta deseñar e traballar coas novas tecnoloxías, este é o voso espazo.

Equipo de biblioteca

Dámoslle a benvida neste curso ás voluntarias e voluntarios do Equipo de Biblioteca do alumnado!

miércoles, 24 de octubre de 2018

Día das bibliotecas escolares

Aproveitando a celebración do día da bibliotecas escolares, o alumnado de 1º de ESO participou nun xogo de pista no que tuveron que demostrar a súa axilidade como usuarios da mesma.



jueves, 18 de octubre de 2018

Visita ao xacemento de Cálago



ESCOLARES DE VILANOVA VISITAN O XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DO CASTRO DE CÁLAGO

O Castro de Cálago recibe visitas dos alumnos dos centros educativos de Vilanova de Arousa.
Os alumnos de terceiro da ESO do IES Faro das Lúas puideron ver esta mañá ás excavacións arqueolóxicas que se están realizando no Castro e mañá será o turno dos nenos do CEIP de Tremoedo.
Ademáis, o concello organiza una visita guiada o vindeiro domingo 21 de outubro as 12:00 horas para coñecer a historia do Castro e o Mosteiro de Cálago.
Nos últimos días destapouse unha vivenda no lado norte da muralla do castro.
A planta da vivenda, que está completamente visible, ten un diámetro de 6.30 metros, e conservase o que parece que ser a cimentación do muro.
Tamén se atoparon restos de pallabarro, arxila pouco cocida, que recubría con elementos vexetais o exterior da vivenda, illándoa das temperaturas extremas.
Dende este punto, os habitantes da vivenda podían divisar a ría de Arousa ata Catoira e todo o val das Sinas e Vilanova.