jueves, 3 de marzo de 2016
miércoles, 2 de marzo de 2016
Visita a casa museo Irmáns Camba
A visita dos nosos alumnos a casa museo dos Irmáns Camba, foi recollida para o telexornal da TVG, como vedes a continuación:
http://www.crtvg.es/informativos/xornada-de-portas-abertas-na-casa-museo-dos-irmans-camba-1855383
Os 54 anos do facelecemento do cronista Xulio Camba non pasou desapercibido en Vilanova. Así estes días celebran xornadas de portas abertas na súa casa museo. O pasado luns souberon máis del os nosos alumnos de 1º de ESO.
Xulio Camba e mais o seu irmán son xunto a Ramón del Valle Inclán cidadáns ilustres de Vilanova de Arousa. Pero estes días o concello lembra o máis cosmopolita deles, Xulio. Ás portas da súa casa museo, chamada Irmáns Camba, recibiron hoxe alumnos de secundaria do IES Faro das Lúas.
Os rapaces asistiron á proxección dun documental sobre o literato vilanovés, un dos cronistas máis ácidos do xornalismo español das primeiras décadas do século XX.
Ó rematar a visita foron entrevistados para a noticia televisiva varios alumnos que relataron o que máis lles chamou a atención da visita.

viernes, 26 de febrero de 2016
Fin de semana frío
Preséntase un fin de semana cun tempo frío e chuvioso. Velaquí algunhas propostas de ocio dende a nosa biblioteca:
1- Xogos de mesa: que mellor plan que estar na casiña, no sofá cómodo e quentiño e botar unha partida de xadrez, ou se cadra damas, parchís...
2- Papiroflexia: crea os teus modelos de animais vehículos e formas con papel.
3- Cine en casa: una película con palomitas ou sen elas, dende o teu sofá, cama...espatarringado a gusto, por exemplo propoñemos dentro do noso catálogo: ·El primer día del resto de tu vida"
4- Cine en Vilagarcía: saír da casa, como non! Preséntase unha interesante carteleira en Vilagarcía, recomendamos especialmente "Ave, César" e "El Renacido"
5- Cociña: perarar postres é unha das actividades relaxantes e divertidas para facer un sábado ou domingo á tarde
6- Revistas: de consulta aberta e libre
7- Eventos en Cambados: exposición na casa museo de Cabanillas "Poeta da Raza" Consulta horarios vía a web do Faro de Vigo
Como vedes a oferta é ben xugosa! Que desfrutedes!!

viernes, 12 de febrero de 2016
Lecturas de agarimo
Aproveitamos a proximidade do 14 de febreiro para propoñer algunhas lecturas e películas que poden ser apropiadas para estas datas, digamos, románticas?
Hora de ler: día da Paz
Aproveitamos ésta data conmemorativa para ler poesía, xa que é un xénero que non soemos propoñer nas nosas lecturas.
Fixemos unha pequena escolma de poemas de diversos autores (Rafael Alberti, Antonio Machado, Gloria Fuertes, Ángela Figuera, John Lennon, Celso Emilio Ferreiro, X Mª Díaz Castro, Marica Campo e Carlos Negro) que tratan desta temática: a paz, as guerras, os conflitos de todo tipo, dende os máis xenéricos ata problemas concretos.
Logo da lectura, cada alumno/a recibiu un post-it no cal escribiu o seu "chío" sobre a #PAZ #nonáguerra, cos seus pensamentos ou desexos.
Logo os pegamos polas portas das diferentes aulas do centro, así como no panel da biblioteca coa axuda de dúas voluntariosas rapazas que quixeron colaborar con nós.
Fixemos unha pequena escolma de poemas de diversos autores (Rafael Alberti, Antonio Machado, Gloria Fuertes, Ángela Figuera, John Lennon, Celso Emilio Ferreiro, X Mª Díaz Castro, Marica Campo e Carlos Negro) que tratan desta temática: a paz, as guerras, os conflitos de todo tipo, dende os máis xenéricos ata problemas concretos.Logo da lectura, cada alumno/a recibiu un post-it no cal escribiu o seu "chío" sobre a #PAZ #nonáguerra, cos seus pensamentos ou desexos.
Logo os pegamos polas portas das diferentes aulas do centro, así como no panel da biblioteca coa axuda de dúas voluntariosas rapazas que quixeron colaborar con nós.
lunes, 28 de diciembre de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)