jueves, 26 de octubre de 2023
Exposición da selección de libros para Samaín
lunes, 23 de octubre de 2023
1ª Reunión do Club de Lectura de 1º da ESO con Lidia
O alumnado do Club de Lectura de 1º da ESO reuniuse coa súa coordinadora Lidia para recoller a súa primeira lectura do curso.
viernes, 20 de octubre de 2023
Un emocionario para a clase de Educación Valores Cívicos e Éticos
martes, 3 de octubre de 2023
Visita ao Auditorio: Escola de Arte Caliveras
O pasado venres 29 de setembro o alumnado de 1º ESO achegouse ata o Auditorio municipal para coñecer a ampla e variada oferta formativa que ofrece a Escola de Arte Caliveras en Vilanova de Arousa. Grazas a Nolo por acollernos tan ben e por fomentar a gana de formarse e o valor da creatividade como piares da sociedade do porvir!
lunes, 2 de octubre de 2023
Arrinca o Club de Lectura do curso 23/24!
viernes, 29 de septiembre de 2023
Recollida do premio Atrévete!
A primeira andaina do club de lectura deste ano foi unha extensión co curso pasado, pois chamáronnos para que tres das alumnas do noso centro fosen recoller o premio "Atrévete a ter unha idea" a Santiago.
O proxecto gañador saíu do club de lectura, pois con alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO do curso 22/23 participamos no proxecto "Atrévete" para fomentar o espírito creativo e innovador no noso alumnado.
Aroa, Celia e Uxía recolleron o premio por ter unha idea innovadora, neste caso relacionada coa lectura.
O seu proxecto "Childrens book's" buscaba crear un sitio web onde os menores de idade puidesen autopublicar as súas obras sen necesidade de solicitar permisos aos adultos.
viernes, 22 de septiembre de 2023
Levamos a biblioteca e o laboratorio á aula
Durante as clases de Bioloxía e Xeoloxía de 1ºESO aproveitamos para levar o laboratorio e a biblioteca á aula: grazas a 2 libros de experimentos puidemos demostrar a importancia da densidade na formación das capas da Terra (19 de Setembro) e unha das propiedades da auga no tema da Hidrosfera (15 de Novembro) grazas a unha cromatografía en papel e unha desmotración da capilaridade. Mirade que ben lles quedaron as prácticas:









