miércoles, 15 de febrero de 2023
Lecturas e charla sobre Xestión de Residuos
Este mércores 15 de Febreiro, o noso alumnado participou nun charla sobre xestión de Residuos facilitada polo Concello de Vilanova de Arousa. Un entrante moi axeitado para o traballo posterior de libros como Plasticus maritimus, de Kalandraka, que realizarán coa súa profesora no 3º trimestre o alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía e de Ciencias Aplicadas:
martes, 14 de febrero de 2023
Lecturas románticas para o 14 de Febreiro
Coa axuda inestimable do noso Equipo de Biblioteca, puidemos expoñer unha seleción de libros relacionados coa temática de San Valentín nos 4 idiomas que cultivamos no noso centro:
lunes, 6 de febrero de 2023
Reunión "riseira" do noso Club de Lectura de 2ºESO
O 6 de Febreiro, o noso Club de Lectura de 2º de ESO realizou unha reunión no espazo de Biblioteca para traballar sobre a lectura de ¡Sonríe! e organizar o seu traballo na Radio Escolar para a realización dun podcast:
Máis libros e máis aparellos respiratorios
Despois de traballar coa maqueta do aparello respiratorio, a profesora de ciencias solicitou na carnicería un aparello respiratorio dun cabrito para que o noso alumnado de 3ºESO puideran ver mellor a súa anatomía. Anatomía que tamén traballaramos con libros da nosa Biblioteca como Teatro del cuerpo humano, de Maris Wicks:
viernes, 3 de febrero de 2023
"Ama coa lingua" Feliz San Valentín
jueves, 26 de enero de 2023
O noso Club de Lectura de 2ºESO "Sonríe"
Comezamos ben o ano xunto cos/as nosos/as participantes no Club de Lectura de 2º da ESO facendo o reparto de ¡Sonríe!, de Raina Telgemeier. Á súa profesora Ana Cruz Castro Mouriño cre que lles gustou; mirade eses sorrisos:
lunes, 9 de enero de 2023
Libros, maquetas e aparello respiratorio
Coa axuda dun libro de experimentos da Biblioteca escolar, construímos unha maqueta das vías respiratorias e pulmóns con material reciclado. Así a rapazada de 3º da ESO comprendeu mellor o funcionamento do aparello respiratorio. Mirade o resultado:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














