viernes, 22 de abril de 2022
Nova reunión de Ojo de Nube
Á volta das vacacións o noso alumnado de 2º da ESO realizou unha segunda reunión para rematar de traballar o libro Ojo de nube. As súas profesoras de Tecnoloxía e de Pedagoxía terapéutica colaboraron para realización desta actividade que tanto lles gustou. Mirade o resultado:
miércoles, 6 de abril de 2022
Vestido de novia, primeira lectura do Club de Lectura de Adultos
Vestido de novia, de Pierre Lemaitre, esta foi a novela proposta polo Equipo de Biblioteca ao Club de Lectura de Adultos como primeira lectura deste curso escolar 21-22. Tras esta reunión parece que a proposta foi axeitada, pois ademais de pasar unha tarde agradable en compañía de persoal docente e non docente e de varias familias do noso centro, a lectura previa de cada un de nos foi unha ledicia para logo compartir. Mirada o rexistro fotográfico da nosa reunión de onte, soamente veredes mulleres, pero casualmente todos os homes participantes no noso club tiveron problemas de asistencia de última hora:
jueves, 17 de marzo de 2022
Identidade, de Nee Barros, na nosa Radio Escolar
Os participantes do noso Club de Lectura de 3º e 4º da ESO decidiron hai unhas semanas traballar o libro de teatro identidade realizando unha lectura dramatizada de determinados fragmentos da obra na nosa Radio Escolar. Mirade e ESCOITADE:
martes, 15 de marzo de 2022
15 de Marzo: Día Mundial dos Direitos dos Consumidores
Co gallo do Día Internacional dos Dereitos dos Consumidores, no Faro das Lúas retomamos unha actividade que por mor da pandemia tivemos que cancelar en 2020: O mercado do troco.
Contribuímos deste xeito co noso granciño de area a un consumo máis responsable e sostible, dándolle unha segunda vida a videoxogos, xoguetes, libros, películas, cómics, complementos, roupa... Quen sabe, igual atopamos ese obxecto especial que estabamos buscando.
domingo, 13 de marzo de 2022
Lorena Conde visita virtualmente á rapazada do IES Faro das Lúas
O 10 de Marzo os nosos rapaces e rapazas do club de lectura tiveron a sorte de contar coa visita virtual da autora de Velloucas e Minchas, Lorena Conde, III Premio María Victoria Moreno de literatura xuvenil. Lorena contounos, entre outras cousas que supuxo a súa profesora María Victoria Moreno para ela e a rapazada tivo ocasión de preguntarlle multitude de detalles sobre as súas obras. Botádelle un ollo:
lunes, 7 de marzo de 2022
Argallando no Club de Lectura de 3º e 4º da ESO
Tras ler a obra de treatro de Nee Barros as nosas rapazas e o noso rapaz do Club de Lectura de 3º e 4º da ESO realizaron unha primeira quedada para poder organizar a actividade a realizar co libro e estiveron a argallar, da man da súa profesora Elena Refojo, algo moi interesante:...
viernes, 4 de marzo de 2022
Ojo de Nube, primeira reunión
O noso alumando participante no Club de Lectura de 2º da ESO participou durante o recreo nunha actividade recollida de pistas por equipos da man das súas profesoras coordinadoras do club. A actividade resultou moi ay¡tractiva para os participantes e espertou a curiosidade de outras alumnas e alumnos do centro. Mirade que ven o pasaron:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















