viernes, 18 de febrero de 2022

Gañadores do certame Ama coa Lingua

E finalmente os nosos gañadores do certame literario Ama coa lingua son:... ... en lingua inglesa: Noelia Diz de 1ºEso B ... en lingua castelá: Álvaro Ventoso de 4ºESO B ... en lingua francesa: Claudia Gestoso de1ºESO A ... wn lingua galega: Uxía García de 1ºESO A PARABÉNS A TODAS E TODOS E GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!

sábado, 12 de febrero de 2022

11F: científica convidada para festejar o Día da muller e a nena na ciencia

O venres 11 de febreiro conmemoramos o Día da muller e da nena na ciencia convidando á oceanógrafa e profesora da Universidade de Vigo, Paula Diz, para que viñera a falarnos do seu traballo como investigadora mariña. Sabiades que foi a única científica española entre unha trintena de científicos internacionais que participou na expedición ao rift de Corinto a bordo do barco Synergy Fugro? Nesta ligazón podedes ler toda a información sobre a expedición. A súa misión era explorar os sedimentos e rochas do fondo mariño do rift. O alumnado de 1º e 4º escoitouna con moito interese. Ben seguro que algunha vocación espertou. (As fotos da charla están nesta ligazón)

11 de Febreiro: Día da muller e a nena na ciencia

A Biblioteca achegou os libros aos rapaces e rapazas: Las chicas son de ciencias e Mujeres de ciencia e despois de escoller algunhas científicas, lemos na clase as súas historias.

lunes, 7 de febrero de 2022

Ama coa lingua: feliz San Valentín

Falta pouco para San Valentín. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto coa Biblioteca e os departamentos de Linguas, anímavos a participar no concurso Ama coa Lingua. Aquí tedes as bases e os premios. E non o esquezas: Deixa que o teu corazón fale sen fronteiras!

jueves, 3 de febrero de 2022

Xa chegou o día: primeira reunión de Velloucas e Minchas

O 2 de Febreiro tivo lugar a primeira reunión do noso club de lectura de 1º da ESO sobre Velloucas e Minchas. Nesta primeira reunión marcárase unha páxina concreta ata a que se comentaría a lectura, da man das súas profesoras Raquel Parada e Andrea Bugallo, como por exemplo: por que credes que Lorena Conde escolleu como título do seu libro Velluocas e Minchas? Quen son as Minchas? Mirade as caras de a
tención da nosa rapazada:

lunes, 31 de enero de 2022

Plasticus maritimus

O 15 de outubro, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) convocou a X Edición de Limpeza Simultánea de Praias, que tivo lugar o pasado venres 15 de outubro. O alumnado de 1º ESO do Faro das Lúas participou nesta actividade de concienciación da importancia de manter as nosas praias libres de plásticos e outros lixos. Posteriormente, ao estudar a hidrosfera no mes de xaneiro, estes rapaces traballaron da man da súa profesora o libro Plasticus maritimus. Unha especie invasora; de Ana Pego; Kalandraka Editora. Deste xeito, as nenas e nenos de 1º de ESO afondaron na problemática dos pláticos despois de vivir de primeria man a gran porcentaxe destes na recollida de lixo na praia das Sinas.

viernes, 21 de enero de 2022

Avaliamos a hora de ler

Grazas á colaboración da profesora de Investigación e Tratamento da Información, o noso alumando realizou unha actividade de creación dun padlet sobre os libros Matilda e Erik Vogler, los crímenes del rey blanco, no que nos contaron cousas como cal era o seu personaxe favorito, ouno que escribiron un final alternativo do libro. Aquí podedes ver os marabillosos resultados dos seus padlets:

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet