Este luns, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o noso centro levou a cabo actos conmemorativos e de homenaxe hacia as mulleres vítimas da violencia machista. Recollemos as principais accións neste vídeo. Ogallá que nunca máis fose necesaria esta reivindicación.
lunes, 25 de noviembre de 2019
Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, 25-N
Este luns, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o noso centro levou a cabo actos conmemorativos e de homenaxe hacia as mulleres vítimas da violencia machista. Recollemos as principais accións neste vídeo. Ogallá que nunca máis fose necesaria esta reivindicación.
viernes, 22 de noviembre de 2019
Preparación de lazos violetas para o Día da Violencia de Xénero
Hoxe, as/os nosas/os alumnas/os colaboraron para a creación de lazos violetas para repartilos o día 25 de novembro e conmemorar o Día da Violencia de Xénero. Non queremos que ninguén se quede sen elas.
A súa implicación está a ser de grande responsabilidade. Querémonos vivas!
miércoles, 30 de octubre de 2019
Visita á casa de Ramón María del Valle-Inclán
O noso alumnado de 4ºESO, acompañado do seu profesor de Lingua Catelá e Literatura Manuel Radío, achegouse o pasado 25 de outubro ata a Casa- Museo de Valle Inclán para conmemorar a data do seu nacemento. Xuntos participaron nunha lectura compartida dalgúns dos seus inmortais textos.
lunes, 17 de junio de 2019
Faro das lendas
jueves, 6 de junio de 2019
Promovendo hábitos saudables.
O alumnado de 2º ESO presentou na biblio os seus traballos da materia de Promoción de Hábitos de Vida Saudable ante a atenta mirada dos compañeiros/as de 1º ESO.
miércoles, 5 de junio de 2019
Día do medio ambiente
Os departamentos de Francés e Inglés traballaron co alumnado de 3º ESO Bilingüe e 4º ESO de francés elaborando unha serie de produtos para concienciar da problemática medioambiental. Aquí tedes unha mostra.
martes, 4 de junio de 2019
Concurso de relato curto da FANPA
De novo este curso participamos no Concurso de relato curto da FANPA e unha das nosas alumnas foi distinguida como finalista destacada. Parabéns Ainara!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










