O alumnado de 2º ESO presentou na biblio os seus traballos da materia de Promoción de Hábitos de Vida Saudable ante a atenta mirada dos compañeiros/as de 1º ESO.
jueves, 6 de junio de 2019
Promovendo hábitos saudables.
O alumnado de 2º ESO presentou na biblio os seus traballos da materia de Promoción de Hábitos de Vida Saudable ante a atenta mirada dos compañeiros/as de 1º ESO.
miércoles, 5 de junio de 2019
Día do medio ambiente
Os departamentos de Francés e Inglés traballaron co alumnado de 3º ESO Bilingüe e 4º ESO de francés elaborando unha serie de produtos para concienciar da problemática medioambiental. Aquí tedes unha mostra.
martes, 4 de junio de 2019
Concurso de relato curto da FANPA
De novo este curso participamos no Concurso de relato curto da FANPA e unha das nosas alumnas foi distinguida como finalista destacada. Parabéns Ainara!!!
jueves, 30 de mayo de 2019
Concurso Manga
Un novo concurso para poñer a proba a creatividade do alumnado do IES, pero esta vez debuxando, e nada menos ca un cómic manga!
E aquí tedes o cómic gañador, que deixa o listón ben alto!!!
Adiviñas
Que cousa cousiña é? Este concurso de adiviñas proposto polo EDLG en colaboración ca biblioteca resultou do máis animado. Éche un bo xeito de traballar a comprensión lectora, o razoamento lóxico e a imaxinación, non vos parece?
jueves, 16 de mayo de 2019
Ensaiando na biblioteca
Aquí tedes ó grupo de reforzo de lingua galega de 1º ESO dando os deus primeiros pasos coma actores na biblio, un lugar de encontro para todos.
A obra representouse o Día das Letras Galegas e obtivo o merecido recoñecemento de todos.
miércoles, 8 de mayo de 2019
Reseña: Caperucita en Manhattan
Caperucita en Manhattan
Carmen Martín Gaite.
Editorial Siruela.
O que máis me agradou foi a propia intención da historia. Nela a nena protagonista, moi semellante a Carapuchiña Vermella, buscaba a liberdade e unha vida fóra do normal. Algunhas partes da historia transmiten unha mensaxe feminista e parece que intenta ‘educar’ nestes aspectos ao público ao que vai dirixido: á xuventude.
Quizais influíu no feito de que me encantara a insistencia por parte dos nosos maiores en que aprendamos a respectarnos sen ter en conta a diferenza de xénero, raza, etc, deixándonos claro que todos temos dereito a ser libres. O libro céntrase nisto. O resultado é unha historia fantástica que lles recomendaría aos meus amigos e a todos os lectores.
Comentario de Ainara Villanueva Núñez
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












