lunes, 22 de mayo de 2017

Carlos Casares, o coleccionista de historias



Para festexar o Día das letras galegas fixemos un concurso no que os alumnos voluntariamente tiñan que responder a unha serie de preguntas cuxo cuestionario tiñan que recoller na biblioteca.

Letras Galegas 2017



Carlos Casares, o coleccionista de historias



1.-O autor homenaxeado comparte apelido con un ex-adestrador do Real Madrid, 
seguro que xa sabes cal?



2.-Carlos Casares viviu a súa infancia entre a vila de Xinzo e tres aldeas de Ourense: Sabucedo,
 Beiro e Lamas. En cal ou cales destes lugares dicía que aprendera a maior parte do galego que falaba?



3.-Casares asistía en Ourense ó faladoiro de Vicente Risco xunto a un grupo de rapaces ós 
que don Vicente chamaba “os artistiñas”, en que café se reunían?



4.-Kristina Berg, a esposa de Carlos, e os membros do grupo musical ABBA 
teñen a mesma nacionalidade. De onde eran?

5.-Que tres proxectos fundamentais para a lingua e a cultura galegas se levaron a cabo
 durante os anos en que Casares foi deputado?



6.-Como se titula o primeiro libro que publicou?



7.-Escribe o título de dous libros seus que estean ambientados na posguerra.



-Cal das súas obras se publicou postumamente?



9.-Completa: A obra titulada ..................................................considérase o primeiro texto teatral en galego 
 para nenos.



10.-A rede de escolas infantís de Galicia ten o mesmo nome ca unha obra infantil de 
Carlos Casares publicada en 1968, cal?



11.-En 1975, o autor comeza a colaborar co xornal La Voz de Galicia cunha sección dedicada á crítica literaria, 
como era o título desa sección?



12.-Indica cales das seguintes afirmacións sobre o proxecto “Expreso da Literatura Europa 2000” 
son verdadeiras.



a)Durou seis meses

b)Viaxaron por toda América

c)Permitiulle a Casares aprender outros idiomas

d)Serviu para dar a coñecer a lingua e literatura galegas fóra de Galicia



13.-Era moi afeccionado a coleccionar obxectos: maquetas de trens, cámaras fotográficas,…
 Que afección compartía co actor estadounidense, Tom Hanks?

14.-Na actualidade, Francisco Castro, o autor de Chamádeme Simbad, que nos visitouhai dous anos, 
é o director da mesma editorial que dirixiu Casares ata a súa morte, cal é esta editorial?




15.-Carlos Casares faleceu o mesmo ano có Premio Nobel de Literatura nacido en Padrón. 
Pescuda quen era ese autor e en que ano faleceu?

lunes, 15 de mayo de 2017

Visita de Ledicia Costas

Os alumnos de 1º ESO e 3º ESO gozaron dunha xornada de lecer coa escritora Ledicia Costas.
Rubén Esperón de 1º B cóntanos o que pasou nesta actividade:

  A famosa escritora galega Ledicia Costas estivo o pasado luns (20 de marzo) no IES Faro das Lúas. Esta actividade estaba orientada para os alumnos de 1º e 3º, xa que leron dous dos seus libros máis famosos, Escarlatina, a cociñeira defunta e No corazón de Xúpiter, respectivamente.
A charla de Ledicia empezou coas preguntas dos asistentes. Despois decidiu poñer o vídeo da despedida de Amanda Todd un caso parecido ao acontecido en O corazón de Xúpiter. Neste vídeo Amanda explicaba as razóns do seu suicidio cuns carteis de papel. Despois diso e dunhas cantas preguntas aconteceu o broche final da charla. Os de primeiro decidiron agradecer aos de terceiro a súa axuda como titores TEI cunhas piruletas de chocolate feitas a partir da receita que aparece no libro de Escarlatina. Un alumno e unha alumna de primeiro introduciron as piruletas e despois diso todo foi festa. Todas e todos gozamos desas larpeiradas tan ricas que con tanto agarimo fixeron os de primeiro. 
Unha charla pefecta.


Taboleiro violencia de xénero e acoso escolar

Nun dos taboleiros da biblioteca, colocáronse o longo do curso aquelas noticias que ían aparecendo na prensa ben escrita ben na web sobre violencia de xénero e acoso escolar. A implicación dos alumnos axudou ao equipo da biblioteca.



lunes, 8 de mayo de 2017

Día do libro con arte

O Departamento de Plástica dirixiu a uns alumos na elaboración dunhas artísticas letras do Día do libro que decoran o noso corredor.


Día do libro





O libro dos profesores

Os alumnos do Equipo da biblioteca convidaron os profesores a revelar o seu libro favorito. Iso si, tiñan que seleccionar o fragmento que máis lle engatusara.



















Lecturas no Dia do libro

Os alumnos do Equipo da biblioteca elaboraron un tríptico dun texto de Emili Teixidor do seu libro la lectura y la vida.







Posteriormente, leron este texto e dous de Agustín Fernández Paz os seus compañeiros. No primeiro ciclo da ESO, un conto do libro Contos por palabras e no segundo ciclo, un de O único que queda é o amor.