miércoles, 4 de noviembre de 2009

lunes, 2 de noviembre de 2009

Astérix cumpre 50 anos


Os dous Galos, máis coñecidos, cumpre hoxe 50 anos.
O 29 de outubro de 1959 apareceu o primeiro número, na revista Pilote. Astérix o galo, o primeiro album completo chegou dous anos máis tarde.
Aquel guerreiro de apenas metro e medio, con bigote e pelo amarelos, e tocado ía a conquistar o mundo en compañía dun gordinflón e dun cansiño.
A historia empeza no siglo Ia.C coa invasión romana da Galia onde unha pequena aldea ficticia é a única que resiste gracias a unha pócima máxica que lles da unha forza sobrehumana.
O pequeno guerreiro galo non tarda en conquistar toda Europa, Egipto e America, ironizando sobre os hábitos e tradicións de cada país visitado.

Así foron as xornadas...

Día das bibliotecas escolares



Baixo unha chuvia persistente, reunímonos no Palacio de Congreso de Santiago de Compostela maís de mil profesores/as, responsables de biblioteca e coordinadores para asistir as Xornadas de Bibliotecas Escolares.
Baixo lema “novas lecturas, novos lectores”, ávidos de compartir novas experiencias e con ganas de lanzarnos novos retos escoitamos aos mellores especialistas. Todos cun obxectivo común: convertir a nosas bibliotecas nun recurso educativo imprescindible na nosa labor docente.
As xornadas foron inauguradas polo Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad.
Daniel Cassany abreu o baile das conferencias cun tema interesantísimo "Como axudar a aprender a ler aos nativos dixitais". Logo dunha pausa café, sempre tan fértil en experiencias. Luis Iza Dorronsoro que falóunos do " Plan lector de centro".
O sábado baixo a intensa chuvia que atizaba a capital galega, Guadalupe Jover, profesora de lingua e literatura castelá do IES Infanta Elena de Galapagar (Madrid) tratou o tema "Escola e literatura: A educación do Imaxinario".
Despois do noso tradicional café debutou a mesa de experiencias, xa como na casa, compartimos un agradable momento cunhas compañeiras doutros centros:
o Proxectos lectores en desenvolvemento:
o IES TERRA DE SONEIRA, Vimianzo (A Coruña)
o CEIP STO. PAIO DE ABAIXO, Redondela (Pontevedra)
o Clubs de lectura:
o IES de ALLARIZ, Allariz (Ourense)
o CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE, Rianxo (A Coruña)
o “HORA DE LER”:
o IES RÍO MIÑO, Rábade (Lugo)
o CEIP A PEDRA, Bueu (Pontevedra)

Logo fómonos a xantar con compañeiras doutros centros, un auténtico recorrido por tódolos restaurantes da zona, xa que non tiñamos reservado e ó salir os 1200 docentes que alí nos encontrábamos, non quedou nin unha mesa libre.
A volta asistimos a tan esperada conferencia de Tíscar Lara, unha increíble muller, que nos encantou. Falóunos da alfabetización dixital e uso crítico dos medios de comunicación.

Para rematar estas maratonianas xornadas, Gloria Durban, que coñecemos tan ben polos seus materiais sobre alfabetización informacional deleitóunos con “A biblioteca escolar, un recurso educativo útil: o desenvolvemento de entornos presenciais de aprendizaxe e lectura”.

E para colofón Pilar e Cristina trouxéronnos ao Vilagarciano Carlos blanco, co que botamos unhas risas.

Grazas a Pilar e Cristina, polo seu excelente traballo ao seno da asesoría e pola fabulosa organización.

A sorpresa das xornadas de bibliotecas escolares

Grazas aos compañeiros do Segrel temos un ratiño da intervención do Vilagarciano Carlos Blanco.

Outubro: mes das bibliotecas escolares.


Aproveitando que o día 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares, decidimos adicar todo o mes a nosa biblioteca.
Empezamos coa formación de usuario que levaremos a cabo na biblio coa axuda dunha PowerPoint sobre o uso e recursos que nos ofrece a biblioteca.
O día 6 inauguramos a “hora de ler” : tódolos días a partir deste día leremos de 11:20 a 11:35 e en seguida a nova actividade “o mellor lector” .
Botamos a andar as “mochilas viaxeiras” empezaran a súa andadura polas clases de 1º.
O día 24 de outubro repartimos os “carnés de biblioteca” para tódolos membros da comunidade educativa.
Presentamos a novas adquisicións levando as clases algúns ejemplares ás clases.
Lanzamos a campaña de captación de alumnos colaboradores da biblioteca.
Por fin empezamos a hilar contactos coas diferentes institucións, persoas… que participarán nas diferentes actividades que a biblio pretende levar a cabo este ano.

lunes, 6 de julio de 2009

As máis bellas bibliotecas

Aquí tendes unhas postais das máis bellas bibliotecas do mundo.




more about "As máis bellas bibliotecas ", posted with vodpod