lunes, 28 de octubre de 2024

Actividades para Samaín

O vindeiro mércores 30 de outubro durante todo o día, celebraremos o Samaín, unha festividade de orixe celta moi arraigada en Galicia. Haberá actividades variadas e moitos disfraces aterradores. Animamos a todo o alumnado a participar!

viernes, 25 de octubre de 2024

Reunión de "O anxo negro" no Club de Lectura de Adultos

Este martes 22 de Outubro realizamos a derradeira reunión do Club de Lectura de Adultos do curso 23-24, pois en xuño tivemos que adiar dita reunión sobre O anxo negro, de Manuel Gago. Grazas a todas e todos por ter asistido e compartido con nós estes momentos:

Formación dos nosos usuarios

Hoxe xoves 24 de Outubro o noso alumnado de 2º da ESO baixou coa súa profesora de Lingua Galega e Literatura, Raquel, para realizar a actividade “Coñecemos a nosa a biblioteca”. Mirade como ademais de aprender, desfrutaron: 


jueves, 24 de octubre de 2024

Bibliotecas de Aula

Este ano nas nosas Bibliotecas de Aula, ademais de manuais, dicionarios, libros para a Hora de Ler, selección de libros escollida par ao alumnado de 3º e 4º ESO que esqueza o libro na casa, ... temos como novidade o xornal “La Voz de Galicia” para que a nosa rapazada ademais de ler na Hora de Ler estea pendente da actualidade.

viernes, 18 de octubre de 2024

Unha clase na biblioteca

A clase de hoxe de Reforzo Educativo de Lingua Castelá levouse a cabo na Biblioteca e aproveitamos para ler o xornal deste mércores:

jueves, 17 de octubre de 2024

Libro "Emocionario" na clase de Educación en valores de 3ºESO

 Hoxe, na clase de EVCE (Educación en Valores Éticos e Cívicos), traballamos as emocións e, como as veces non é sinxelo diferenzar determinadas emocións, a nosa profesora subiunos un libro da nosa Biblioteca Escolar que traballa precisamente iso: emocións!


viernes, 4 de octubre de 2024

Libro informativo de experimentos na clase de 1º da ESO

Na clase de Bioloxía e Xeoloxía, o alumnado de 1º ESO, guiado pola súa profesora Nadia, realizou un experimento para poder comprender mellor o proceso de formación da xeosfera, a capa da Terra que están estudando. O experimento traballa con líquidos inmiscibles que, independentemente da orde na que foron botados, se reordenan na columna en base as súas densidades. Deste xeito, sabemos que o líquido verde do fondo é o máis denso, mentres que o queda na capa superior é o que ten menor densidade. 
Para mirar o ben que o pasamos aquí tedes unhas fotos e tamén podedes premer no enlace da nosa páxina web: