miércoles, 23 de febrero de 2022
23F: Día de Rosalía De Castro
Tal día coma hoxe hai 185 anos, naceu Rosalía de Castro. Celebramos o seu día recitando algúns dos seus poemas.
viernes, 18 de febrero de 2022
Gañadores do certame Ama coa Lingua
E finalmente os nosos gañadores do certame literario Ama coa lingua son:...
... en lingua inglesa: Noelia Diz de 1ºEso B
... en lingua castelá: Álvaro Ventoso de 4ºESO B
... en lingua francesa: Claudia Gestoso de1ºESO A
... wn lingua galega: Uxía García de 1ºESO A
PARABÉNS A TODAS E TODOS E GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!
sábado, 12 de febrero de 2022
11F: científica convidada para festejar o Día da muller e a nena na ciencia
O venres 11 de febreiro conmemoramos o Día da muller e da nena na ciencia convidando á oceanógrafa e profesora da Universidade de Vigo, Paula Diz, para que viñera a falarnos do seu traballo como investigadora mariña. Sabiades que foi a única científica española entre unha trintena de científicos internacionais que participou na expedición ao rift de Corinto a bordo do barco Synergy Fugro? Nesta ligazón podedes ler toda a información sobre a expedición. A súa misión era explorar os sedimentos e rochas do fondo mariño do rift. O alumnado de 1º e 4º escoitouna con moito interese. Ben seguro que algunha vocación espertou. (As fotos da charla están nesta ligazón)
11 de Febreiro: Día da muller e a nena na ciencia
A Biblioteca achegou os libros aos rapaces e rapazas: Las chicas son de ciencias e Mujeres de ciencia e despois de escoller algunhas científicas, lemos na clase as súas historias.
lunes, 7 de febrero de 2022
Ama coa lingua: feliz San Valentín
Falta pouco para San Valentín. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto coa Biblioteca e os departamentos de Linguas, anímavos a participar no concurso Ama coa Lingua. Aquí tedes as bases e os premios. E non o esquezas: Deixa que o teu corazón fale sen fronteiras!
jueves, 3 de febrero de 2022
Xa chegou o día: primeira reunión de Velloucas e Minchas
O 2 de Febreiro tivo lugar a primeira reunión do noso club de lectura de 1º da ESO sobre Velloucas e Minchas. Nesta primeira reunión marcárase unha páxina concreta ata a que se comentaría a lectura, da man das súas profesoras Raquel Parada e Andrea Bugallo, como por exemplo: por que credes que Lorena Conde escolleu como título do seu libro Velluocas e Minchas? Quen son as Minchas? Mirade as caras de atención da nosa rapazada:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)